Tienda de Progando

Investigación e innovación

É a nosa cultura de empresa, desde sempre participamos con diferentes entidades públicas e privadas en moi diferentes proxectos para colaborar co desenvolvemento do campo galego e moi especialmente na produción de leite por considerar que esta actividade, ademais da súa importancia económica, é fundamental para conservar o medio rural galego e a calidade de vida deste pobo:

Proxectos máis importantes:


  • Caracterización dos silos de herba para a alimentación das vacas de leite.
    (Coren, Progando®, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e Ligal)
  • Alimentación das vacas de leite de alta produción con forraxes de calidade variable.
    (Progando®, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e Universidade Politécnica de Madrid)
  • Alimentación de xovencas con pensos con altos contidos en enerxía.
    (Progando®, Universidade Politécnica de Madrid e Ligal)
  • Utilización de diferentes mesturas con carbonato cálcico como recheo de cubículos de vacas de leite.
    (Progando®, Ligal, Universidade de Santiago de Compostela, Seragro)
  • Utilización de carbonato cálcico en cubículos: Efectos sobre o solo e análise da súa influencia na redución da emisión de gases.
    (Progando®, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)
  • Avaliación de cultivos para a produción de forraxes en explotacións de leite para mitigar os efectos do cambio climático.
    (Progando®, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)
  • Optimización ambiental e produtiva da fertilización nitroxenada mineral e orgánica en cultivos forraxeiros mediante a utilización de inhibidores da nitrificación.
    (Progando®, Entec, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo)
ProgandoProgando

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies