Tenda de Progando

Asesoramiento técnico

Por como se elaboran as mesturas en Progando®, é imprescindible que haxa técnicos que visiten as explotacións para facerse cargo do tipo de gando que hai na corte (nivel produtivo medio do rabaño, estado de carnes dos animais…), así como da cantidade e tipo de forraxes dos que dispón a explotación. Para o desenvolvemento deste punto véuselle dando unha grande importancia a todo o relativo á analítica de forraxes das explotacións.

Progando® participou activamente, xunto co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e o Ligal, en proxectos de investigación para a caracterización das forraxes (silo de millo e herba) e a adecuación das ecuacións de regresión para a analíticas destas forraxes vía NIRs (Near Infrared Spectroscopy).

Unha vez tidos en conta os criterios anteriores procédese á formulación da ración, para o que o factor custe das materias primas será determinante á hora da súa composición.

Estas visitas dos técnicos ás explotacións serán periódicas e a ración será modificada cada vez que o técnico o considere oportuno debido ás variacións na ración forraxeira ou nos prezos das materias primas que compoñen o concentrado.
Progando Progando

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies