Tenda de Progando

Abonos ENTEC, Somos envasadores e distribuidores

Entre os produtos e servizos que oferta Progando está a venda e distribución de fertilizantes ENTEC® Galicia.

Cunha clara aposta pola satisfacción dos seus clientes, ofrecen asesoramento con persoal especializado en diferentes cultivos recomendando os fertilizantes máis axeitados dependendo do equilibrio que precisa cada planta e das características de cada terreo, tamén posibilitan a realización de análises de terra para a obtención de maior produtividade e mellor calidade das colleitas cunha fertilización racional.

Multinacional Eurochem en su fábrica de Amberes

Os fertilizantes ENTEC® son fabricados pola multinacional Eurochem na súa fábrica de Amberes, que está integrada no sistema produtivo de BASF.

Traballamos directamente co fabricante, sen intermediarios.

Traemos o produto a granel en barco desde a fábrica ata o porto da Coruña ou Santander, e o seu posterior traslado ás nosas instalacións. Deste xeito, os nosos clientes poden cargar ENTEC® a granel, en big bag de 600 quilos e en sacos de 40 quilos. Tendo en conta a calidade e cantidade de forraxe que se consegue coa utilización dos fertilizantes ENTEC®, podemos dicir que ofrecemos un produto altamente competitivo, garantindo bos resultados e sobre todo un alto grao de satisfacción por parte do cliente.

Queremos destacar que é un fertilizante estabilizado e non de liberación lenta, que incorpora a máis moderna tecnoloxía en fertilización, o que permite unha nutrición máis equilibrada e eficaz dos diferentes cultivos. Os fertilizantes ENTEC® inhiben a acción das bacterias Nitrosomonas , responsables da transformación do nitróxeno amoniacal a nitrato. O nitróxeno estabilizado de ENTEC® permanece no solo durante meses en forma amoniacal e retrasa a súa transformación a nitrato, evitando así as perdas deste elemento cara o medio ambiente. Deste xeito diminúe o risco de perda de nitróxeno (menor lavado de nitratos e contaminación de augas), auméntase o nitróxeno dispoñíbel para os cultivos e adáptanse as prácticas de fertilización nitroxenada ás normativas ambientais vixentes, sobre todo as referentes ás zonas vulnerables. Ademais, o feito de realizar unha fertilización máis eficiente fai posible a diminución da dose de fertilizantes nitroxenados sen prexuízo da produción final e, aínda máis importante desde un punto de vista práctico, permiten a redución das pasadas de fertilizante.

A experiencia acumulada durante máis de 17 campañas en todo o mundo e avalada por prestixiosos centros de investigación e universidades de diferentes países, que nos dan grande experiencia en investigación con este tipo de fertilizantes en pradarías, millo, pataca e outros cultivos extensivos, permitiu demostrar que aplicando fertilizantes ENTEC® en millo dunha soa vez antes da sementeira ou cando o millo xa estea sementado, obtense o mesmo rendemento que cos fertilizantes convencionais en diversas aplicacións. É dicir, que os agricultores poden diminuír as pasadas de fertilizante e evitar os problemas de queimaduras foliares provocados polas coberteiras con fertilizantes nitroxenados. Por exemplo, vémolo nun cultivo de millo, que fertilizamos con ENTEC® na sementeira (habitualmente, no mes de maio) e cuxa planta vai dispor de nitróxeno ata o momento da súa colleita (setembro-outubro). A aplicación de ENTEC® supuxo un novo concepto na fertilización dos cultivos extensivos, onde tradicionalmente se aplicaban fertilizantes como mínimo dúas veces durante o ciclo. As vantaxes prácticas para o agricultor derivadas da única aplicación son varias r evidentes: un menor pisado do solo e do cultivo polo paso de maquinaria, un aforro dos custes derivados da realización das aplicacións en coberteira (gasóleo, man de obra....) e, finalmente, e posiblemente a máis importante, é dispor dun período de aplicación dos fertilizantes máis flexible que permite realizar outras tarefas con máis tempo (traballo do solo, sementeira, ... ).

En definitiva, trátase dunha nova tecnoloxía en fertilización máis respectuosa co ambiente e cunha maior simplificación para os agricultores, o que se traduce nunha maior comodidade para estes.

Podemos dicir que os fertilizantes ENTEC® teñen a mellor calidade de materias primas NPK, unha granulometría homoxénea, con ausencia de po e unido á non utilización de urea na súa formulación (inestable na fórmula, almacenaxe e campo), facilita o almacenamento e manipulación do mesmo, sobre todo nas sementadoras provistas de localizadores de fertilizante.

Tamén podemos destacar que este fertilizante leva un fósforo 100% asimilable polas plantas, procedente de minas propias situadas na península de Kola (Norte de Europa) e libre de metais pesados (sobre todo, Cadmio), ao contrario da roca fosfórica procedente do Magreb utilizada pola maior parte dos fabricantes de fertilizantes nacionais.

ENTEC® presenta diferentes formulacións, seguindo o equilibrio que precisa cada cultivo. Traballamos con ENTEC®15-13-13 (nitróxeno, fósforo, potasa) orientado a pradarías permanentes, pastizais. Outra fórmula utilizada é ENTEC®24-8-7, enfocada ao cultivo de millo. De todas as fórmulas, esta a máis vendida. ENTEC®20-10-10 utilízase bastante en raigrás, incluso nalgunha pradaría. Outra fórmula é ENTEC®25-15-0, trátase dun fertilizante que non engade potasa e está dirixido a aquelas fincas ou parcelas con altos niveis de potasa no solo e con achegas de purina. Tamén se traballa con ENTEC®13-10-20 que, ao contrario do anterior, ten alto contido en potasa dirixido a aqueles cultivos que a requiren, como por exemplo a pataca. Para orientar o cliente cara unha ou outra fórmula, o ideal é ter analítica do solo. En Progando, os nosos clientes dispoñen do servizo de analíticas de terra. En base ás carencias ou excesos que amosan as mesmas e tendo en conta as necesidades do cultivo que se vai implantar, recoméndase a fórmula ideal. Tamén é importante o pH do solo. Na nosa zona, como os solos xa son acedos por natureza, sería conveniente en moitos casos facer achegas de emendas calcarias, para tentar corrixir esa acidez e mellorar a efectividade da fertilización.

A pesar de que os fabricantes de fertilizantes continúan fabricando con tecnoloxías e métodos obsoletos e seguen ofertando os mesmos produtos que hai décadas, podemos dicir que os fertilizantes ENTEC® de EuroChem integrados no antigo sistema de fabricación de BASF ® evolucionaron desde o comezo deste século mellorando claramente a súa calidade de fabricación , materias primas e incorporando na súa formulación o primeiro inhibidor da nitrificación Basammon®, pasando máis tarde a utilizar o actual inhibidor da nitrificación ENTEC® (máis eficiente e estable que o anterior). A día de hoxe, séguese co desenvolvemento e investigación do novo inhibidor que se aplicará en breve ao fertilizante ENTEC®. Que novamente revolucionará a agricultura para mellorar produción, calidade e, sobre todo, o respecto polo medio ambiente.

O anterior, xunto coa esixencia de máxima calidade dos seus compoñentes, os estándares máis altos na granulación e o máximo respecto polo medio ambiente son os sinais de identidade dos fertilizantes ENTEC®. Todo iso enfocado a satisfacer as demandas dos nosos clientes, que debido á maior profesionalización das explotacións, requiren unha maior especialización en fertilización para a obtención de mellores colleitas e unha eficiente relación calidade-prezo.

Máis información na páxina oficial de ENTEC.

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies