At. cliente: 981 633 378 Acceso privado
Crecemento rápido, cerramentos tupidos, soportan solos pobres, resiste a seca, as pragas e enfermidades, pouco tolerantes á humidade e o mar, de cores verde e amarelo, teñen ten flor, esixe poda.
Semellantes ás tullas. Son de crecemento moi rápido, indicadas para cerramentos moi altos, toleran o mar mellor que as tullas, precisan podas moi fortes.
Resistentes ao mar, soportan todo tipo de solo. Os brotes son de cores vermellas e semellan flores, de crecemento moderado.
Moi indicados para a beira do mar, teñen a flor vermella e non toleran as xeadas.
Moi indicadas para a beira do mar, as follas son xaspeadas de verde-amarelo-branco, (segundo as variedades), moi sensibles ao oidio en zonas do interior.
Moi versátiles para cerramentos altos ou baixos, crecemento rápido ou lento, toleran podas drásticas e solos diferentes, así como as enfermidades. Prefiren zonas sombreadas.
Hai moitas variedades. Con carácter xeral, son resistentes e de crecemento rápido.
Crecemento medio, caracterizadas pola bonita flor roxa, toleran solos pobres pero non a humidade, toleran bastante ben o mar, non resisten xeadas fortes.
Crecemento rápido, resistente aos fríos e ás enfermidades e a diversos solos. Tolera a poda e o mar.
Similar ao anterior, non resiste tan ben o mar, aconsellado para sebes altas e cortaventos.
Ademais de cerrar, producen moita flor no outono e no inverno, existen variedades olorosas de porte baixo, son moi resistentes e toleran ben a poda.
Indicados para cerramentos defensivos, moi resistentes, hainos de cores verde, amarelo-verde, branco-verde, teñen boliñas vermellas moi significativas e bonitas.
Moi apreciadas polo seu colorido no verán, a cor lila é moi resistente ao frío e ao mar. As cores vermella, branca, amarela e laranxa son máis sensibles.
Grandes e característicos acios florais antes da folla, hainas de cores lila, branca e rosa. A folla é caduca, moi resistentes ao frío e ao mar.
Moita flor cor blanca-rosada a comezos da primavera. Folla perenne, moi vigorosa, ideal para terrazas.
Floración abundante dende marzo a o outono, de cor branca. Non é aromática, folla perenne e de moito crecemento.
Existen dous grupos de variedades. Un con flores moi rechamantes branca-azulada e froitos de cor laranxa non comestibles. Outro (Maracuxá) con follas grandes verde brillante e froito lila comestible con moita vitamina C. As dúas moi resistentes e vigorosas.
Moi interesante polo amplo abano de cores, para zonas costeiras hainas de folla perenne e caduca, moi resistentes.
Flores aromáticas, moi rústicas e vigorosas, con cores suaves dende o branco ao laranxa e amarelo.
Folla caduca, moi apreciada pola súa flor grande de cores fortes: vermello, azul, branco ou rosa. Crecemento lento.
Folla caduca de cor verde no verán e vermello no outono, ideal para tapar muros ou cubrir paredes da casa, tolera o pleno sol, trepa por calquera superficie.
De folla perenne, é moi rústica, tolera o sol e a sombra. Existen dúas familias: unha de folla grande, moi vigorosa e tupida e outra de folla pequena e crecemento reducido. Hainas de cores verdes, amarelas, brancas e xaspeadas.
MOI IMPORTANTE
As trepadoras medran de abaixo cara arriba, nunca ao revés.