At. cliente: 981 633 378 Acceso privado
A peculiaridade da fabricación de Progando® estriba na adaptación do alimento ás necesidades que en cada momento teña o rabaño no que se subministre o alimento.
A diferenza doutras rexións produtoras de leite, nas que os animais basean a súa alimentación nunhas forraxes producidas fóra da explotación e que, habitualmente, son dunha calidade moi estable o longo do ano, en Galicia a alimentación forraxeira dos animais está baseada, en grande medida, na produción de forraxes na propia explotación: herba conservada como silo ou pastada, millo forraxeiro e feos de herbas de diferentes calidades.
A variabilidade observada na calidade alimentaria dos silos de herba que consumen os animais, as prácticas de pastoreo e a utilización de silo de millo, xunto con condicionantes da propia granxa como poden ser o estado produtivo e reprodutivo dos animais, introducen tal variabilidade no sistema que fan necesaria a variación da composición do concentrado para equilibrar a ración que reciben os animais.
Outro dos condicionantes que fan a variación na composición das mesturas que se fabrican nas instalacións de Progando® son os continuos sube e baixa do prezo das materias primas. Desde Progando® sempre tentaremos que, a igual calidade, se consiga o prezo máis económico para a alimentación das vacas de leite.
Coma outra empresa calquera, Progando® deberá xerar beneficios para continuar coa súa actividade, pero non esquece que este beneficio non tería sentido se non redundase á súa vez nas explotacións de leite que atendemos e que entre todos estamos a colocar entres as máis competitivas do País.