Tenda de Progando

Recomendacións e conceptos para adobar mellor

  • Adobado de fondo

    Consiste en mesturar o adobo elixido coa terra antes de implantar o cultivo. Unha vez traballada a terra, repartiremos a dose que corresponda en días, pasadas en sentido cruzado. Despois daremos outra labra para proceder á sementeira ou plantación.

  • Adobado de cobertoira

    Implantado ou sementado o cultivo, periodicamente faremos engadidos de adobo, sen necesidade de labra. Se non chove, será necesario regar.

  • Adobado localizado

    En froiteiras ou determinados cultivos, poremos o adobo preto das plantas, tendo en conta que as raíces están a unha certa distancia do tallo.

  • Adobos solubles

    En pouco tempo están a disposición da planta e, de non seren aproveitados, son arrastrados polas augas. Utilízanse en momentos de moito crecemento, na primavera ou no verán con rega.

  • Adobos de liberación lenta

    Permanecen mais tempo no chan e a planta aprovéitaos mellor. Axeitados para árbores, céspede, patacas e millo.

  • Entender a composición dun adobo (8-14-26)

    O primeiro (8) sempre representa a % de Nitróxeno, o segundo (24) sempre representa a % de Fósforo, o terceiro (16) sempre representa a % de Potasio. Cando ten mais números dirá o que é cada un. O resto da composición ata cen é excipiente, que habitualmente é carbonato ou outro mineral de baixo custe.

  • Adobos compostos

    Que ten varios nutrientes. Debemos coñecer a composición mais axeitada para cada cultivo.

  • Adobos simples

    Só teñen un nutriente. Son axeitados para corrixir desequilibrios ou esixencias coñecidas.

  • Adobos orgánicos

    Proceden de estercos ou material vexetal e animal. Tardan mais tempo en seren asimilados polas plantas, pero melloran a estrutura do chan. Moi axeitados para producións ecolóxicas.

  • As calcarias

    Fan que os minerais queden fixados á estrutura do solo e non marchen coa auga. Debemos encalar periodicamente.

PIDA INFORMACIÓN AOS TÉCNICOS DE PROGANDO, PÓDENLLE AXUDAR
Tlf: 981 633 378

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies