Pieris xapónica

Este arbusto, máis ben baixo ou tipo mata, orixinario de Xapón, é unha planta moi utilizada para sebes.

Presenta un aspecto de follas moi brillantes, cuxa cara superior é verde claro e a inferior presenta un ton azul prateado.

Posúe unhas bonitas flores cunha tonalidade rosada.

É unha planta ideal para zonas de media sombra, ademais de ser moi resistente.

Precisa de poucos coidados e non require excesivo rego nin fertilizante.

Ref.: 0000

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies