Photinia

Protagonista de sebes e de macizos illados, caprichosa coas súas formas e de alta resistencia, a photinia é un bo exemplar a considerar en calquera destes supostos.

Oriunda da zona mediterránea, a photinia é un arbusto de folla perenne caracterizado principalmente por ter un crecemento rápido, cualidade que a fai imprescindible no momento de elixir unha variedade para sebes e valados naturais.

A súa forma de folla pódenos recordar ao loureiro, mais no medio salpícase de preciosas follas vermellas cando medra, o que lle dá unha grande alegría e elegancia.

Ref.: 0000

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies