Hidrolimpadora KARCHER 780

Grazas aos seus 160 bar. de presión e ao seu caudal de 600 litros/hora, esta máquina é ideal para a limpeza de calquera superficie, tanto no ámbito particular como profesional.

Dispón dun seguro de gatillo que impide que se accione de xeito fortuíto, ao tempo que dispón dunha mangueira de 9 m cunha  boquilla turbo que aumenta nun 50 % a presión do impacto do chorro.

Tamén dispón dunha lanza de presión variable que cun simple xiro pode cambiar de alta a baixa presión.

Grazas ao seu fino filtro de auga, impídese que partículas que poidan estar na auga alcancen a bomba de presión.

Vén provista de soportes tanto para a pistola como para a lanza e o cable de conexión.

Ref.: 0000

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies