Evónimos

Este arbusto ten variedades de folla perenne e caduca.

Provén do oeste de Europa, Caúcaso e zoas mornas de Asia Menor; presenta unha follaxe moi atractiva, con follas de tonalidades verdes e amarelas acompañando a unhas ramas verdes de sección cuadrangular.

As súas follas opostas, de ovais a elípticas, finamente dentadas, presentan unha atractiva cor avermellada no outono, aínda que a súa época de «florecemento» é a primavera.

É unha planta idónea para sebes situadas en zonas de sol e semisombra.

Aínda que se trata dunha especie moi resistente, require chans fértiles que reteñan a humidade.

Ref.: 0000

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies