Camelias

A camelia é unha planta moi ramificada, de lento crecemento, con follas permanentes e de moi vistosa floración primaveral e invernal.

En ocasións ten un só tronco principal, aínda que o normal é que sen a intervención de poda se ramifique dende a base posuíndo un eixe central predominante.

As camelias son plantas moi vistosas durante todo o ano debido ao seu gran número de follas dunha atractiva cor verde satinado.

Cando florecen comeza un precioso espectáculo. Ten floración en tres períodos do ano: outubro-decembro; decembro-marzo; marzo-maio.

Esta magnífica planta require un chan de natureza ácida e de áreas mornas e zonas de sombra total ou parcial.

Ref.: 0000

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies