Tenda de Progando

Calidade, seguridade alimentaria e custes

O proceso de fabricación de mesturas en Progando® é resultado das seguintes actuacións:

  • A cada cliente unha mestura, o que quere dicir que cada vez que un cliente demanda un pedido de mestura, ou ben se lle serve a que anteriormente estaba consumindo, ou ben se lle fai unha nova mestura en base a cambios na alimentación forraxeira dos animais ou outras circunstancias que poden determinar este cambio na composición da mestura.
  • Maquílase sobre pedido, condicionado polo punto anterior non se fabrica mestura para un cliente ata que existe a demanda da mesma.
  • Non se almacena debido a que non se dispón de instalacións de almacenaxe e que os dous puntos anteriores condicionan que practicamente todas as mesturas sexan diferentes, un pedido desencadea unha maquila e esta unha carga en cisterna para o seu posterior transporte.

Graficamente, o proceso sería o que segue:

Progando

As materias primas que entran na factoría de Progando® están sometidas a un estrito protocolo a efectos do cumprimento dos requirimentos que fai o ordenamento comunitario a través do Regulamento 183/2005, sobre a calidade na fabricación de alimentos para animais.

Ademais, Progando® participa activamente no programa GMP.GALIS que leva a cabo a empresa SANOR. O obxectivo do programa, ben coñecido por todos, reside nun plan de actuación para o incremento dos estándares de calidade e de seguridade alimentaria na alimentación animal en Galicia, mediante un plan integral baseado en criterios de Análise de Perigo e Puntos de Control Críticos.

O programa analiza os riscos existentes nas materias primas que conforman os pensos e establece unha serie de protocolos de actuación para que, no caso de que exista algunha alerta sanitaria, poder facer chegar aos asociados e ás autoridades competentes, se fose o caso, as medidas que se deben levar a cabo.

Basicamente, a información que recibimos de SANOR é a través de páxina web da que se dispón: http://gmpgalis.net. Nela pódense consultar analíticas bioquímicas, microbiolóxicas, de pesticidas e, entre outras, dos barcos que están a descargar materia prima para abastecer a fábrica de pensos.

A rastrexabilidade (trazabilidade) é outro dos puntos nos que se basea a nosa calidade de fabricación

O noso sistema, plenamente automatizado, rexistra absolutamente todas as materias primas que conforman unha mestura, sendo capaces de determinar a que partida de entrada pertence cada materia prima que sae das nosas instalacións.

Progando

Progando® ten a peculiaridade de facturar «exactamente o que serve», as nosas etiquetas son transparentes e reflicten con exactitude milimétrica os produtos que compoñen a mestura que se lle serve a cada gandeiro cliente. É esa composición e peso o que se lle factura ao cliente.

A rapidez e a capacidade de adaptación de fórmulas á realidade cambiante da gandería de leite: Prezos, estado fisiolóxico dos animais, variación nas forraxes…, fai que Progando pioda ter unha política de prezos moi beneficiosa para os seus clientes.

Somos rápidos adaptándonos aos cambios nas realidades das explotacións de leite e isto supón unha grande vantaxe económica para as nosas explotacións clientes.

Este site usa cookies. Se continúas navegando, consideramos que aceptas a nosa política de cookies